II CONCURSO DE RELATOS CURTOS DO CENTRO DE DÍA DE VIGO COIA: “Vivir en confinamento”

O centro de día de Coia ten o pracer de organizar por segundo ano un concurso de relatos curtos, nesta ocasión coa temática: “vivir en confinamento”. Esta actividade de escritura creativa vai dirixida a todas as persoas que queiran participar, xa sexan os maiores do centro ou non, coidadores/as, fillos/as, netos/as, sobriños/as, etc… ou calquera achegado ao que lle interese participar neste concurso literario.

O obxectivo da actividade é animar á comunidade a buscar un medio de expresión escrita do que supón a situación actual do confinamento, á vez que se fomenta o uso da nosa lingua, co gaio do Día das Letras Galegas o próximo 17 de maio.

O único que se precisa para participar é un medio electrónico para escribir o relato, ou ben facelo con bolígrafo e papel e ter alguén que poida escanealo e facelo chegar a través da conta de correo electrónico cd.vigo@cogami.gal ao noso xurado (o cal estará formado por un traballador, unha persoa usuaria e un familiar do centro de día de Coia) antes do 31 de maio de 2.020.

Para mais información ver as bases que se anexan:

Animádevos! Só necesitades ganas de escribir e un chisco de imaxinación!

Dende o Centro social de Coia xa fixeron eco do concurso, PREME AQUÍ para velo

0
Se che gustou podes compartirlo en:

6 Respostas a “II CONCURSO DE RELATOS CURTOS DO CENTRO DE DÍA DE VIGO COIA: “Vivir en confinamento””

  1. Intentaremos chegar ao fin do plazo. :p. Teño algunhas frases moi boas que me foron transmitindo 40 voces sabias case todos os días de este longo confinamento

  2. Pingback: II Concurso de Relatos Curtos do Centro de día Vigo Coia O Estimados

Deixa una resposta a Patri Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*