
O centro de día de Coia ten o pracer de organizar por segundo ano un concurso de relatos curtos, nesta ocasión coa temática: “vivir en confinamento”. Esta actividade de escritura creativa vai dirixida a todas as persoas que queiran participar, xa sexan os maiores do centro ou non, coidadores/as, fillos/as, netos/as, sobriños/as, etc… ou calquera achegado ao que lle interese participar neste concurso literario.
O obxectivo da actividade é animar á comunidade a buscar un medio de expresión escrita do que supón a situación actual do confinamento, á vez que se fomenta o uso da nosa lingua, co gaio do Día das Letras Galegas o próximo 17 de maio.
O único que se precisa para participar é un medio electrónico para escribir o relato, ou ben facelo con bolígrafo e papel e ter alguén que poida escanealo e facelo chegar a través da conta de correo electrónico cd.vigo@cogami.gal ao noso xurado (o cal estará formado por un traballador, unha persoa usuaria e un familiar do centro de día de Coia) antes do 31 de maio de 2.020.
Para mais información ver as bases que se anexan:
Animádevos! Só necesitades ganas de escribir e un chisco de imaxinación!
Dende o Centro social de Coia xa fixeron eco do concurso, PREME AQUÍ para velo
0
Intentaremos chegar ao fin do plazo. :p. Teño algunhas frases moi boas que me foron transmitindo 40 voces sabias case todos os días de este longo confinamento
Xa enviamos o noso relato
Pingback: II Concurso de Relatos Curtos do Centro de día Vigo Coia O Estimados
no veo donde están las bases para participar en el concurso
As bases para a participación están no vídeo de presentación do concurso.
Moitas gracias polo teu interese Jesús
Están al final do video. Corre que é ata o 31de Maio