Esta actividade vai dirixida ao conxunto da poboación, sendo portadora de cultura tradicional, ademais dun aspecto lúdico festivo, que sempre vai vinculado á música. Pero especialmente, sabemos que será de interese para todos os/as usuarios/as. E aínda que descoñecemos se en todalas rexións galegas cántanse as mesmas cantigas, animamos a tódolos membros da familia a poñer a proba o seu oído e memoria, compartindo cos seus, os seguintes cánticos.
O obxectivo da mesma é traballar a memoria, as reminiscencias, a evocación da linguaxe e da música, o ritmo, así como estimular o divertimento e as emocións que sempre van a ligadas ás cantigas que formaron parte das nosas vidas.
Non se precisa ningún material concreto, únicamente a ficha que se adxunta, onde se evoca o comezo de variadas cantigas tradicionais, que debemos continuar cantando.
Traballando con todos vos aprendo moitas cousas, e unha das que mais me gusta, é a parte musical. Grazas por encherme de tantas cantigas, que sempre me acompañarán !!
Lembremos entre todos algunhas delas !
A ver cantas sabedes continuar !
- Amoriños collín na beiriña do mar, amoriños collín …
 - Ven bailar Carmiña Carmiña Carmela, con zapato …
 - Catro vellos mariñeiros, catro vellos mariñeiros, todos …
 - Fun a taberna do meu compadre, fun polo vento vin …
 - Chamáchesme moreniña aiai, á vista de tanta xente …
 - Eu queriame casare, miña nai non teño …
 - Paxariños que alegres cantades polas follas dos …
 - Se vas ao San Benitiño non vaias ao de Paredes, que hai outro …
 - Xa me dixo teu pai que te saque a bailar …
 - O Sacristán de Coímbra, facía de mil diabluras, mollaba …
 - Ó pasar por Camariñas, por Camariñas cantando, …
 - Na beira, na beira, na beira do mar, hai unha …
 - Apagha o candil, Marica chus chus, apagha …
 - A Virxe de Guadalupe cando vai pola ribeira …
 - Vivir na Coruña que bonito é, andar de parranda e …
 - Éche un andar miudiño, miudiño, miudiño, …
 
