COMPARTIMOS O NOSO TEMPO DENDE O CENTRO DE ARTEIXO

O Centro Residencial e de Día de Arteixo e o CEIP Ponte dos Brozos estaban a levar a cabo dende os inicios do curso un proxecto chamado “COMPARTIMOS O NOSO TEMPO”. Trátase dun proxecto interxeracional, onde ambos colectivos comparten historias, experiencias e momentos de ocio, concluíndo que malia a diferencia de idade teñen moitas cousas en común.

Esta actividade, que se realizaba de carácter mensual, levábase a cabo con grupos de diferentes idades incluíndo clases dende primeiro de primaria ata sexto. Algúns destes encontros realizáronse no CEIP Ponte dos Brozos, pero os últimos leváronse a cabo no Centro, onde os maiores fixeron de profesores durante un día, explicando como cambiara o clima en Arteixo dende que eles naceron ata agora, co fin de afianzar o concepto de Cambio climático dos máis pequenos.

Para realizar esta actividade, días antes realizouse un debate sobre o cambio climático onde as persoas usuarias opinaron dende a súa perspectiva, estas opinións foron reflexadas cada unha nun folio e cando viñeron os/as nenos/as entregóuselle unha a cada un, para que as leran en voz alta e as persoas usuarias lles foran explicando que significaban as súas palabras.

É a actividade favorita das persoas usuarias, xa que reforza o seu sentimento de utilidade pero que ademáis lles aporta momentos de alegría, de cariño e benestar; o que inflúe positivamente na mellora da súa calidade de vida.

Malia a situación actual na que nos atopamos, continuamos a manter ese contacto a través do intercambio de cartas, vídeos, audios, etc. A cal, englobamos dentro da actividade “Xuntos máis fortes”.

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.