DÍAS DAS LETRAS GALEGAS DENDE OS CENTRO DE DÍA DE FERROL CARANZA E FERROL ESTEIRO
Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Ricardo Carvalho Calero, nado en Ferrol o 30 de outubro de 1910.
A crise do coronavirus obligou a aplazar a celebración ao 31 de Outubro, xusto o día despois da conmemoración do 110 aniversario do nacemento do intelectual galego.
Esta decisión tomouse en pleno extraordinario como medida inédita e sen precedentes na historia da Real Academia Galega.
A pesar dos cambios no calendario de actividades presenciais, a RAG fai un chamamento á cidadanía galega para facer uso das posibilidades do mundo dixital.
Nesta liña, os Centros de Día ferroláns quixeron rendirlle unha pequena homenaxe, lendo para todos/as un capítulo (O casamento do Álvaro) da súa obra narrativa, Xente da Barreira, escrita en 1951. E con este vídeo, animar a aportar outras lecturas de este xenial autor e así divulgar a súa figura.
0
Dende Ferrol, orgullo do noso autor!Grazas
Gracias fermosura ferrolana