
VERDADEIRO OU FALSO
Dende o Centro de día de Begonte nos retan a indicar se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas.
- O Río Miño é o principal río galego
- España limita con Francia e Portugal
- A capital de España é Barcelona
- Galicia está rodeada polo Océano Atlántico e o Mar Mediterráneo
- Os Xogos Olímpicos de Barcelona foron no ano 1992
- A malla adoita realizarse no mes de outono
- “Polo río abaixo vai unha sardiña de pé”
- A capital da Terra Chá é Begonte
- O San Xoán celébrase o 25 de xuño
- As estacións do ano son: primavera, verán e primavera de outono
- O sol sae polo este e ponse polo oeste
- A Catedral de Santiago ten no seu interior o butafumeiro e o Códice Calixtino
- A muralla de Lugo é da época Romana
- O concello de Rábade é máis grande que o de Begonte
- Europa é un continente
- Ourense ten porto de mar
- A árnica é un producto natural moi cotizado co que se fan manciñas
- A brucelosis é unha enfermidade que só afecta ás mulleres
- O liño extráese dunha árbore que se chama liñeira
- A castaña é o froito do carballo
- A moa é un utensilio que serve para podar árbores
- O Miño pasa por Rábade
- A mula pode ter cría
- O algodón extráese dunha pranta
- O 15 de agosto é o día das Letras Galegas
- O Rei Felipe VI é galego
- “Extremadura son dos: Cáceres y Gijón”
- O metro é un medio de transporte subterráneo que teñen as grandes cidades
- Buenos Aires é a capital de Brasil
- Santiago e Vigo son as únicas cidades galegas con aeroporto
- Xoibán é unha parroquia de Begonte
- A capital de Portugal é Lisboa
- Nas Illas Canarias teñen un horario distinto ó noso. Alá é unha hora máis.
- A autovía A-6 vai dende A Coruña ata Madrid
- Paloma Sanbasilio estivo casada con Julio Iglesias
- Marte é un planeta
- Fidel Castro tiña antepasados galegos
- O Queixo de San Simón afúmase con cáscara de bidueira
- As fases da lúa son: 1. Lúa nova, 2. Crecente, 3. Minguante, 4.Chea
- Monalisa é unha variedade de pataca
- O ouro e a prata son metáis naturáis
- As radiografías fanse gracias ós Raios Z
- O eucalipto é unha árbore de folla perenne
- Felipe González foi presidente do goberno español
- A Guerra Civil Española durou dende o ano 1936 ó 1939
- Ribadeo é un concello que pertenece a Asturias
- Robra é unha parroquia do concello de Begonte
- Baldomar é Bóveda pertencen a Begonte