Feireando en agosto

Aparte

Feireando en agosto

Na Pobra do Brollón realizan 2 feiras ao mes, os días 11 e 25 de cada mes. Este verán teñen como novidade o Mercado Circular, que dá a posibilidade a veciñanza de vender os seus produtos e sumarse así aos postos habituais que hai durante todo o ano.

Agosto é un mes no que a poboación deste concello se multiplica, regresan ao pobo natal ou familiar moitas persoas que viven noutros puntos de España ou no estranxeiro.

Por estas dúas razóns as feiras do mes de agosto son especiais, moi alegres, festivas e supoñen unha excelente oportunidade para reencontrarse coa veciñanza, para estimular os sentidos, como por exemplo o olor do tomate caseiro e o sabor do polbo, para escoitar música e aproveitar a oferta cultural que organiza o concello.

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Centenario en Ferrol Caranza

Aparte

Centenario en Ferrol Caranza

Hoxe celebramos un día moi especial no Centro de Día, o 100 aniversario de Juana, que leva connosco dende o ano 2014. Son moitas as cousas vividas con ela e coa súa familia, polo que esta pequena homenaxe que lle realizamos hoxe é un anaco máis de todos os momentos compartidos, ao que se suma esta celebración. Grazas Juana, por tantos momentos e por todos os que virán. Gracias Antonia, pola confianza e complicidade dende o primeiro día.

Grazas a colaboración de Sabi, gaiteiro e a nosa compañeira Tepi coa súa pandeireta que emocionaron a Juana e a súa familia.

Grazas ao servizo de catering pola súa colaboración, aportando as tartas para a celebración, estaban boísimas!!

6
Se che gustou podes compartirlo en:

Saída ao Museo Naval de Ferrol dende o centro de día de Ferrol Caranza

Aparte

Saída ao Museo Naval de Ferrol dende o centro de día de Ferrol Caranza

O 5 de agosto realizamos unha saída ao Museo Naval de Ferrol para visitar á exposición de pintura “Camino de los peregrinos de la Mar”, exposición colectiva que inclúe obras relacionadas coa mar, as naves e os portos polas sendas do camiño inglés cara Compostela, polo que o marco do Museo Naval é ideal. Na exposición hai obras de Villaamil, Lugrís Vadillo, Álvarez de Sotomayor, Abelenda, Imeldo Corral, Segura Torrella… Está considerada como unha das máis importantes exposicións colectivas que se ofrecen na cidade de Ferrol nas últimas décadas.

Aproveitamos para visitar tamén o Museo Naval de Ferrol, que pode considerarse a “institución símbolo” da entidade eminentemente marítima da cidade de Ferrol, vinculada dende a súa orixe medieval ao mar e aos seus barcos. Percorremos as salas do Museo e os participantes amosaron moito interese en toda a visita.

7
Se che gustou podes compartirlo en:

Saída a praia dende o centro de día de Abadín

Aparte

Saída a praia dende o centro de día de Abadín

O pasado xoves 4 de agosto as persoas usuarias do CAPM de Abadín desfrutaron dun día de praia durante a mañá, dando un paseo pola mesma e visitando a área recreativa da Fontela. O día acompañou neste verán invernal que nos tocou para poder pasear tranquilamente pola veira da praia e sentarse tendo unhas vistas inmellorables ao mar da mariña lucense. Moitos deles non se lembraban de como era a praia e foi unha experiencia única.

Ao remate aproveitamos a mañá para compartila coas persoas usuarias e persoal do Centro de día de Ribadeo nunha xornada de convivencia. Pasámolo tan ben que sen dúbida organizaremos outra xuntanza.

6
Se che gustou podes compartirlo en: