Festa de verán no centro de día de Vigo Coia

Aparte

Festa de verán no centro de día de Vigo Coia

A equipa do centro de día de Vigo-Coia quere compartir un vídeo da “Festa de Verán” que se celebrou o pasado venres 26 de agosto de 2.022 no xardín do centro, convidando aos máis cativos das familias e profesionais do centro de día.

Ao longo dunha hora tiveron lugar varios xogos con auga nunha mañá calurosa, onde se fixeron dous equipos formados por maiores e pequenos. Todos e todas amosaron as súas habilidades para coller obxectos escorredizos!

Foi unha xornada moi divertida onde varios familiares máis quixeron acompañarnos tamén como “público” e estiveron animando ao seu equipo favorito. A todos e todas agradecemos a súa participación xa que a festa foi todo un éxito. Volver a desfrutar da presenza dos nenos e nenas no centro é maravilloso.

Esperamos que vos guste o vídeo formado por imaxes da festa e vos animedes a organizala o próximo verán!

2
Se che gustou podes compartirlo en:

“GRANDPRIX VERANIEGO”

Aparte

“GRANDPRIX VERANIEGO”

O 18 de agosto celebramos coas persoas usuarias do Centro Residencial e de Día de Arteixo e coas súas familias o GrandPrix Veraniego, recordando o clásico programa de televisión. O tempo non nos acompañou, polo que en lugar de poder realizalo do xardín, tivemos que celebralo dentro do centro. Isto non foi impedimento para desfrutar moito coa actividade, a cal estivo composta por dous equipos (vermello e azul) e tres probas (lanzamento de aros, pesca do pato e bolos) que foron realizando os dous equipos de forma simultánea. Tras a vitoria do equipo azul, todas as persoas participantes refrescáronse cun aperitivo composto por froita de tempada e un cóctel. Tanto as persoas usuarias como as súas familias pasaron un momento lúdico, cheo de gargalladas e ilusión.

1
Se che gustou podes compartirlo en:

Feireando en agosto

Aparte

Feireando en agosto

Na Pobra do Brollón realizan 2 feiras ao mes, os días 11 e 25 de cada mes. Este verán teñen como novidade o Mercado Circular, que dá a posibilidade a veciñanza de vender os seus produtos e sumarse así aos postos habituais que hai durante todo o ano.

Agosto é un mes no que a poboación deste concello se multiplica, regresan ao pobo natal ou familiar moitas persoas que viven noutros puntos de España ou no estranxeiro.

Por estas dúas razóns as feiras do mes de agosto son especiais, moi alegres, festivas e supoñen unha excelente oportunidade para reencontrarse coa veciñanza, para estimular os sentidos, como por exemplo o olor do tomate caseiro e o sabor do polbo, para escoitar música e aproveitar a oferta cultural que organiza o concello.

0
Se che gustou podes compartirlo en: