Saída a praia dende o centro de día de Abadín

Aparte

Saída a praia dende o centro de día de Abadín

O pasado xoves 4 de agosto as persoas usuarias do CAPM de Abadín desfrutaron dun día de praia durante a mañá, dando un paseo pola mesma e visitando a área recreativa da Fontela. O día acompañou neste verán invernal que nos tocou para poder pasear tranquilamente pola veira da praia e sentarse tendo unhas vistas inmellorables ao mar da mariña lucense. Moitos deles non se lembraban de como era a praia e foi unha experiencia única.

Ao remate aproveitamos a mañá para compartila coas persoas usuarias e persoal do Centro de día de Ribadeo nunha xornada de convivencia. Pasámolo tan ben que sen dúbida organizaremos outra xuntanza.

6
Se che gustou podes compartirlo en:

Degustación de froitas tropicais dende o centro de día de Abadín

Aparte

Degustación de froitas tropicais dende o centro de día de Abadín

O pasado mércores día 3, no centro de día de Abadín organizamos un obradoiro de degustación de froitas tropicais: aguacate, papaia, mango, coco, framboesa, arandos, pitaia, banana, plátano…. O obxectivo deste obradoiro foi estimular e promover a través dos sentidos o interese cara a novos aprendizaxes neste caso relacionados con alimentos gastronómicos doutros países e froitas de orixe tropical. Realizamos unha charla informativa onde explicamos as características de cada froita, beneficios, orixe, elaboración. Tras a manipulación das mesmas por parte das persoas usuarias o persoal preparou os alimentos para unha cata por parte das persoas usuarias.

Todos eles quedaron abraiados do sabor e dos beneficios das mesmas, polo tanto haberá que aproveitar o verán para repetir a cata.

3
Se che gustou podes compartirlo en:

Usuarios do CAPM de Culleredo visitan o Mercado Templario no Burgo

Aparte

Usuarios do CAPM de Culleredo visitan o Mercado Templario no Burgo

O pasado día 01 de Xullo, no Paseo do Burgo (moi preto do Centro de Día de Culleredo), celebrouse como cada ano a Feira Templaria.

Aproveitamos a mañá para desfrutar da inauguración, na que participaron malabaristas, magos e músicos. Varios dos artistas accederon a posar con nós na foto, encantados de poder actuar case en exclusiva para os nosos usuarios, que participaron e interactuaron con eles en todo o que se lles propuxo.

Tamén aproveitamos para facer unhas compriñas nos postos de artesanía. Mercamos pulseiras e xabróns e paseamos por toda a zona, desfrutando dos produtos que ofertaban os artesáns.

A continuación, tomámonos un descanso cun merecido refresco despois da camiñata e do desfrute.

3
Se che gustou podes compartirlo en:

As bicicletas son para o verán dende o centro de Baleira

Aparte

As bicicletas son para o verán dende o centro de Baleira

Nestes días calurosos, no CAMP de Baleira vimos de terminar un proxecto co que quixemos darlle a benvida ao verán e aproveitar os días de bo tempo no xardín. Tratase dun obradoiro de refugallo, onde lle demos unha segunda vida a unha bicicleta cedida por un veciño da zona.

No transcurso da actividade poidemos rememorar algunha anécdota acerca da importancia que tivo a biclicleta nas súas vidas. Deste xeito, descubrimos unha brecha de xénero no seu uso, xa que, poucas mulleres as utilizaban. Tamén nos decatamos do cambio de significado que lle outogarmos a bicicleta, posto que antiguamente era utilizado como medio de transporte e agora outogarselle un valor moito máis lúdico e de esparzemento.

En definitiva, constituíu toda unha labor minuciosa a que lle adicamos moitas tardes no centro, pero qué gusto vela rematada e exposta no noso xardín.

11
Se che gustou podes compartirlo en: