Degustación de froitas tropicais dende o centro de día de Abadín

Aparte

Degustación de froitas tropicais dende o centro de día de Abadín

O pasado mércores día 3, no centro de día de Abadín organizamos un obradoiro de degustación de froitas tropicais: aguacate, papaia, mango, coco, framboesa, arandos, pitaia, banana, plátano…. O obxectivo deste obradoiro foi estimular e promover a través dos sentidos o interese cara a novos aprendizaxes neste caso relacionados con alimentos gastronómicos doutros países e froitas de orixe tropical. Realizamos unha charla informativa onde explicamos as características de cada froita, beneficios, orixe, elaboración. Tras a manipulación das mesmas por parte das persoas usuarias o persoal preparou os alimentos para unha cata por parte das persoas usuarias.

Todos eles quedaron abraiados do sabor e dos beneficios das mesmas, polo tanto haberá que aproveitar o verán para repetir a cata.

3
Se che gustou podes compartirlo en:

Sesión concerto Praia do Val dende o centro de día de Mondariz

Aparte

Sesión concerto Praia do Val dende o centro de día de Mondariz

Unha das cousas que máis nos gustan no CAPM de Mondariz son a música e as saídas, por iso, e como xa vimos facendo cada ano, o 28 de xuño pasamos o día na praia fluvial do Val, situada na mesma vila. Aquí disfrutamos dunha xornada na contorna natural amenizada dun xeito moi especial: concerto de violín e como non podían faltar, uns aturuxos coas pandereteiras. Ata houbo quen se atreveu a botar uns bailes e tocar.

1
Se che gustou podes compartirlo en:

Saída á Fundación Terra Termarum Castrolandín dende o centro de CUNTIS

Aparte

Saída á Fundación Terra Termarum Castrolandín dende o centro de CUNTIS

A principios deste mes de Xuño, algunhas das persoas usuarias do CAPM Cuntis acudiron á Fundación Terra Termarum Castrolandín do pobo a coÑECER un pouco máis sobre a historia dos castros de Castrolandín e a deseñar e construír cerámica castrexa con arxila.

O obxectivo desta actividade foi fomentar a participación das persoas usuarias de maneira activa na comunidade e facilitar o recoñecemento e o valor cultural e histórico do pobo no que se insire o centro.

Para levar a cabo esta actividade, necesitaron arxila, espátulas de madeira para traballala, auga, barbotina para pegar as diferentes partes e forno para cocer.

Deixámosvos unhas fotos da súa experiencia, a cal desfrutaron moito e puideron levar todo o construído por eles para as súas casas.

3
Se che gustou podes compartirlo en:

Andaina dende o Centro de día de Cospeito

Aparte

Andaina dende o Centro de día de Cospeito

No ano 2019 comezamos coa iniciativa de conmemorar o día mundial do medio ambiente, que se celebra o 5 de xuño, coa organización dunha andaina aberta á comunidade dende o centro de día e percorrendo parte da senda da Lagoa de Cospeito, a cal forma parte da Rede Natura 2000, da reserva da biosfera, do LIC Parga-Ladra-Támoga e é un espazo protexido. Agora que a situación sanitaria no lo permite, retomamos esta iniciativa, e este martes 7 de xuño realizamos a andaina aproveitando o bo tempo.

Foi unha actividade compartida entre persoas usuarias, persoal do centro, familiares e veciños, a cal desfrutamos enormemente, posto que a nosa lagoa é un lugar que nos transmite moita paz e nos pon en contacto coa natureza.

Esperamos nos vindeiros anos seguir mantendo esta actividade e convertelo nunha tradición.

9
Se che gustou podes compartirlo en: