XUNTOS SOMOS MELLORES DENDE O CENTRO DE ORTIGUEIRA
Dende a residencia de ORTIGUEIRA nos contan que….XUNTOS SOMOS MELLORES
O confinamento polo Covid-19 levounos no CAPM de Ortigueira a cambiar rutinas, horarios e actividades; requeriu adaptar espazos para cumprir as medidas propostas polos expertxs e tentar así reducir ou minimizar o risco de contaxio. Desde antes incluso de decretar o estado de alarma, no centro xa nos recomendaron encarecidamente non saír ao mercado, a comer os churros ou a selar a quiniela, para evitar concentracións de xente.
A residencia é a nosa casa e ficamos nela. Unha casa grande onde se traballa arreo os 365 días do ano e moito máis nas circunstancias actuais.
Por este motivo, quixemos agradecerlle a todo o persoal a súa implicación, profesionalidade, capacidade e compromiso no coidado das persoas maiores, na nosa atención e benestar. Pintamos unha chea de mans, coas cores dos uniformes do persoal (verde, lila, laranxa e azul), xuntámolas, escribimos en cada unha o nome dxs traballadorxs e colgámolas en forma de guirnalda nos espazos comúns. Sumámonos así ao seu berro: “xuntxs somos mellores”.
Conservaremos na memoria este tempo de peche, lembrando o seu bó traballo e que grazas a elxs o becho non nos visitou.
0