Faladoiro sobre o dano cerebral adquirido no centro de día de Ferrol Caranza

Aparte

Faladoiro sobre o dano cerebral adquirido no centro de día de Ferrol Caranza

A federación galega de dano cerebral (FEGADACE) realizou unha charla no centro de día de Ferrol- Caranza o pasado 29 de marzo ás 16:00 horas dirixida ás persoas usuarias e ás súas familias. Informáronnos sobre: as diferentes causas do dano cerebral adquirido ( ictus, accidentes de tráfico, anoxia etc), consellos de prevención, o modelo de atención e prevención.

Unha das principais liñas de actuación da Federación é a información é a sensibilización, cos obxectivos de dar a coñecer a realidade das persoas con dano cerebral, pero tamén de axudar a previr esta discapacidade, que afecta a máis de 35.000 persoas en Galicia.

Na actividade formativa Dona Carla Miranda Iglesias traballadora social de FEGADACE explicou as principais causas do dano cerebral facendo fincapé no ictus (que está detrás do 78% dos casos- e os accidentes de tráfico), tamén falou sobre o modelo de atención e rehabilitación que se desenvolve nas asociacións galegas de dano cerebral, ditado polo Ministerio de Sanidade a través do Imserso.

As persoas usuarias e as familias estiveron participativas facendo diferentes preguntas a formadora. Unha charla moi interesante e clarificadora.

3
Se che gustou podes compartirlo en:

CONCURSO ARTELIXO

Aparte

CONCURSO ARTELIXO

Dende o CAPM de Redondela queremos convidarvos a participar na actividade do Artelixo. Este é un movemento que nace no ano 1995 en Redondela, como protesta a un vertedoiro de lixo situado preto da feira do gando, no centro da vila. Continuou coa súa actividade reivindicativa até o ano 1999. Xa en 2012, retoman o certame recuperando o espírito reivindicativo que deu vida ao evento nos anos 90 para loitar contra os problemas actuais: lixo político, económico e social.

¿En que consiste a actividade?

A actividade consiste en converter o material de refugallo en arte, sendo este un pretexto para reflexionar sobre a saúde do medio ambiente, para denunciar o exceso de vertidos e animar a necesidade imperiosa de reinventar o que tiramos e darlle unha nova vida.

Para elo propóñemevos participar cunha obra por centro co formato que queirades tipo maqueta, escultura ou calquera outro elemento de decoración. A única obriga e elaborala con material de refugallo: botellas, tapas, madeira… Cada centro participará cunha única obra que amose algo significativo do lugar/contorna onde se erixe (algunha tradición, festividade gastronómica, monumento…).

Data:

A data límite para enviar as fotografías das obras é o 26/04/2022 o seguinte correo electrónico: centroredondela.ts@amainaesaude.com

Premio:

A obra máis votada polas persoas usuarias do CAPM de Redondela, que elixiran o xoves 28/04/2022, levara un premio realizado dende o centro.

Animádevos a participar!!!

3
Se che gustou podes compartirlo en:

Encontro interxeneracional no Centro de día de Ferrol Caranza

Aparte

Encontro interxeneracional no Centro de día de Ferrol Caranza

O pasado venres 11 de marzo no centro de día Ferrol-Caranza tivo lugar un encontro interxeneracional cos alumnos do ciclo superior:” Ensinanza e animación sociodeportiva” do instituto Rodolfo Ucha. A profesora Dona Dulce Díaz da disciplina: “Actividades físicodeportivas para a inclusión social” acudiu acompañada de varios alumnos para dinamizar e realizar unha clase de xerontoximnasia e actividades físicas coas persoas usuarias do centro de día.
Na actualidade, dada a expansión da esperanza de vida, debemos apostar por un estilo de vida saudable, promovendo un envellecemento activo. No contexto xerontolóxico, a práctica da xerontoximnasia non só se percibe necesaria para manterse en forma fisicamente, os seus beneficios van máis alá do benestar físico. Grazas a ela, as personas usuarias melloran a súa saúde mental e emocional. E poden conservar por máis tempo a autonomía persoal.

10
Se che gustou podes compartirlo en: