{"id":2517,"date":"2020-12-18T07:07:00","date_gmt":"2020-12-18T06:07:00","guid":{"rendered":"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/?p=2517"},"modified":"2020-12-15T13:21:29","modified_gmt":"2020-12-15T12:21:29","slug":"2517","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/?p=2517","title":{"rendered":"Ideas de agasallos para maiores con demencia. M\u00e1is de 90 ideas para regalar no Nadal dende os Centros de d\u00eda de Abad\u00edn e Sada"},"content":{"rendered":"\n<p>Chega a \u00e9poca de Nadal, tempo de alegr\u00eda, de recordos, de celebraci\u00f3n, de ilusi\u00f3n e como non, de agasallos. Dende os Centros de D\u00eda de Sada e de Abad\u00edn propo\u00f1\u00e9mosvos unha serie de ideas para axudar con este dor de cabeza que pode ser escoller o agasallo id\u00f3neo para cada un dos nosos achegados.<\/p>\n\n\n\n<p>Quen non desfruta cando lle dan unha sorpresa? Nestas datas tan especiais, os maiores tam\u00e9n deben ser protagonistas. O mellor regalo \u00e9, sen d\u00fabida, o tempo. O tempo de calidade que pasamos con aqueles que estimamos. Non se trata de pasar moito tempo, sen\u00f3n que o rato que estamos co maior, neste caso, esteamos presentes e sexamos conscientes do que estamos a facer e vivir, tr\u00e1tase de buscar un tempo de calidade.<\/p>\n\n\n\n<p>Cantas veces escoitamos iso de \u201cnunca tes tempo para min\u201d, \u201cest\u00e1s sempre ocupado\u201d, \u201cxa non me ves visitar\u201d. Vivimos nunha sociedade onde o tempo \u00e9 ouro, onde as presas e o estr\u00e9s est\u00e1n \u00e1 orde do d\u00eda, pero intentemos frear e desfrutar do que nos rodea.<\/p>\n\n\n\n<p>Seguro que todos lembramos ese abrazo de algu\u00e9n especial que tanto nos gustou, ou esa caricia, ese aceno, ou ese sorriso. Sen d\u00fabida, estes son os mellores agasallos, algo que nunca esqueceremos.<\/p>\n\n\n\n<p>Pero tam\u00e9n \u00e9 certo que vivimos nunha sociedade consumista. So fai falta prender o televisor e ver a cantidade de anuncios que nos invitan a mercar.<\/p>\n\n\n\n<p>Pois para aqueles que queiran agasallar con un detalle a un maior con demencia, imos ver que aspectos debemos de ter en conta \u00e1 hora de mercar.<\/p>\n\n\n\n<p>Cando temos que mercar un agasallo para unha persoa con demencia, soen abordarnos d\u00fabidas como \u201cque cousa \u00e9 a m\u00e1is axeitada para esta persoa?\u201d, que te\u00f1o que ter en conta \u00e1 hora de escoller?. Pois a continuaci\u00f3n plasmamos algunhas ideas de agasallos que poden axudarte.<\/p>\n\n\n\n<p>O primeiro \u00e9 co\u00f1ecer en que etapa da enfermidade se atopa o teu familiar, co\u00f1ecido ou amigo. Pensa \u201cser\u00e1 quen de usar este agasallo?\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Nas primeiras etapas da enfermidade, non precisas planear ning\u00fan agasallo distinto do que far\u00edas antes de co\u00f1ecer que a persoa presenta alg\u00fan tipo de dificultade, probablemente pensar\u00edas nunha bufanda, unha carteira, un bolso, colonia, un par de zapatillas. Pois calquera destas cousas est\u00e1 ben, o importante \u00e9 que te\u00f1as presente os gustos da persoa.<\/p>\n\n\n\n<p>Xa en etapas da enfermidade m\u00e1is avanzadas, debemos ter presentes outros aspectos. <\/p>\n\n\n\n<p>Por exemplo, as emoci\u00f3ns, as sensaci\u00f3ns, as vivencias e os recordos xogan un papel moi importante nestes momentos. Unha idea \u00e9 pensar nun agasallo que de alg\u00fan xeito evoque os recordos da persoa a trav\u00e9s da alegr\u00eda, dun olor, dunha canci\u00f3n, dun bonito recordo, dun sabor&#8230;. Neste caso o mellor \u00e9 que escollas un agasallo que transporte \u00e1 persoa a un bo recordo ou a un momento importante da s\u00faa vida. Recorda seguir tendo en conta os seus gustos e as s\u00faas preferencias. Aqu\u00ed podemos estar falando de m\u00fasica, fotograf\u00edas, algunha comida (como bomb\u00f3ns, galletas, ou o seu prato preferido, incluso prepararlle n\u00f3s ese prato que sempre nos preparaba a n\u00f3s).<\/p>\n\n\n\n<p>Non debemos esquecer, que o ideal tam\u00e9n \u00e9 que o agasallo escollido axude a favorecer a memoria e os recordos da persoa. Lembra sempre ter moi en conta a fase e o momento da enfermidade onde se atope a persoa, do contrario, o regalo pode ser recibido con frustraci\u00f3n ou enfado.<\/p>\n\n\n\n<p>Algunhas ideas concretas que vos poden valer de gu\u00eda para escoller un agasallo son as que presentamos no seguinte documento e as listadas a continuaci\u00f3n:<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Demencia en fase leve<\/strong>:<\/p>\n\n\n\n<ul><li>Para os afeccionados \u00e1 lectura: un libro do seu interese, con unha trama sinxela.<\/li><li>Para os afeccionados \u00e1 m\u00fasica: un aparato de m\u00fasica sinxelo e de f\u00e1cil uso, onde lle podemos inclu\u00edr as s\u00faas canci\u00f3ns favoritas, ou m\u00fasica da s\u00faa \u00e9poca de xuventude.<\/li><li>Para os afeccionados \u00f3 cine: unha recompilaci\u00f3n de pel\u00edculas do seu gusto.<\/li><li>Unha c\u00e1mara de fotograf\u00edas.<\/li><li>Un tel\u00e9fono m\u00f3bil sinxelo e adaptado \u00f3 maior (teclas grandes, funci\u00f3ns limitadas).<\/li><li>Un reloxo (n\u00famero grandes, que pite as horas).<\/li><li>Material para escribir cartas, diarios, listas.<\/li><li>Material para debuxar, facer trazos, realizar bricolaxe.<\/li><li>\u00datiles de costura.<\/li><li>Experiencias: unha sa\u00edda cultural pola zona.<\/li><\/ul>\n\n\n\n<ul><li>Talleres: coci\u00f1ar xuntos, facer algunha actividade de bricolaxe.<\/li><li>Xogos de mesa.<\/li><li>Libros de crucigramas, sudokus.<\/li><li>Puzles.<\/li><li>Obxectos personalizados con fotograf\u00edas ou experiencias pasadas: tazas, chaveiros, cox\u00edns, calendario.<\/li><\/ul>\n\n\n\n<p><strong>Demencia en fase moderada:<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Nesta fase debemos ter en conta que dimin\u00fae a capacidade de empregar aparatos novos e desco\u00f1ecidos para a persoa, por iso non \u00e9 recomendable insistir en actividades que a persoa realiza xa con dificultade. Evitaremos isto, pero temos outras opci\u00f3ns:<\/p>\n\n\n\n<ul><li>Xogos de mesa: domin\u00f3, parch\u00eds.<\/li><li>Mascota: se a persoa ten algunha mascota na casa, podemos optar por algo relacionado, como un colar ou un xoguete.<\/li><li>Taboleiro coa data e a hora.<\/li><li>Taboleiros ou carteis que identifican as estancias da casa (dormitorio, ba\u00f1o, coci\u00f1a).<\/li><li>Luces de noite que dan unha iluminaci\u00f3n tenue \u00e1 estancia.<\/li><li>Dispensador autom\u00e1tico de medicamentos.<\/li><\/ul>\n\n\n\n<p><strong>Demencia en fase severa:<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Nesta face da enfermidade, os obxectos deben reducirse a aqueles que se baseen na estimulaci\u00f3n sensorial, \u00e9 dicir, nos sentidos. Obxectos que axuden a tranquilizar \u00e1 persoa e a fagan sentirse a gusto. Non hai que esquecer que, independentemente do que decidamos agasallar, o importante \u00e9 a calidez e o cari\u00f1o co que se faga a entrega.<\/p>\n\n\n\n<ul><li>O seu perfume habitual.<\/li><li>M\u00fasica vinculada \u00e1s s\u00faas vivencias.<\/li><li>Manta de tacto agradable.<\/li><li>Roupa c\u00f3moda da s\u00faa cor favorita.<\/li><li>Boneco suave.<\/li><li>Dispositivo de localizaci\u00f3n que axude a rastrear ondea persoa est\u00e1 en todo momento.<\/li><\/ul>\n\n\n\n<p>E lembra que o mellor regalo \u00e9 o tempo compartido, e o cari\u00f1o que transmitimos.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n ","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Chega a \u00e9poca de Nadal, tempo de alegr\u00eda, de recordos, de celebraci\u00f3n, de ilusi\u00f3n e como non, de agasallos. Dende os Centros de D\u00eda de Sada e de Abad\u00edn propo\u00f1\u00e9mosvos <a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/?p=2517\">Continue Reading &rarr;<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[22],"tags":[],"post_mailing_queue_ids":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2517"}],"collection":[{"href":"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=2517"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2517\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2521,"href":"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2517\/revisions\/2521"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=2517"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=2517"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=2517"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}