{"id":2433,"date":"2020-11-13T05:48:00","date_gmt":"2020-11-13T04:48:00","guid":{"rendered":"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/?p=2433"},"modified":"2020-11-13T15:11:35","modified_gmt":"2020-11-13T14:11:35","slug":"o-dia-internacional-da-cervexa-dende-o-centro-de-dia-de-muros","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/?p=2433","title":{"rendered":"O d\u00eda internacional da cervexa  dende o Centro de d\u00eda de Muros"},"content":{"rendered":"\n<figure class=\"wp-block-image size-large is-resized\"><img loading=\"lazy\" src=\"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/wp-content\/uploads\/2020\/11\/BAILANDO-768x1024.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-2436\" width=\"367\" height=\"489\" srcset=\"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/wp-content\/uploads\/2020\/11\/BAILANDO-768x1024.jpeg 768w, https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/wp-content\/uploads\/2020\/11\/BAILANDO-225x300.jpeg 225w, https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/wp-content\/uploads\/2020\/11\/BAILANDO-1152x1536.jpeg 1152w, https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/wp-content\/uploads\/2020\/11\/BAILANDO.jpeg 1200w\" sizes=\"(max-width: 367px) 100vw, 367px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>O d\u00eda internacional da cervexa \u00e9 unha celebraci\u00f3n de car\u00e1cter mundial, que se realiza anualmente, o primeiro venres de agosto.<\/p>\n\n\n\n<p>En 2007, prop\u00faxose o 5 de agosto como data para celebrar unha reuni\u00f3n cuxo eixo fose a cervexa.<\/p>\n\n\n\n<p>O seu prop\u00f3sito est\u00e1 definido como:<\/p>\n\n\n\n<ul><li>Reunirse con amigos e gozar da delicia que \u00e9 a cervexa.<\/li><li>Homenaxear aos dedicados homes e mulleres que preparan e serven a nosa cervexa.<\/li><li>Unir ao mundo, celebrando cas cervexas de todas as naci\u00f3ns e culturas neste d\u00eda extraordinario.<\/li><\/ul>\n\n\n\n<p>Dada a popularidade da celebraci\u00f3n, dende o ano 2012, pasouse ao primeiro venres de agosto, para unha f\u00e1cil organizaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>A historia da cervexa en Espa\u00f1a comeza cos pobos \u00edberos. Considerada unha bebida fermentada (elaborada con cereais), era de consumo moi habitual. A s\u00faa denominaci\u00f3n primitiva era &#8216;caelia&#8217;. A posterior romanizaci\u00f3n da pen\u00ednsula ib\u00e9rica relega a un segundo plano a &#8216;caelia&#8217;, en favor de bebidas fermentadas procedentes da uva, tal e como \u00e9 o vi\u00f1o.<\/p>\n\n\n\n<p>Co devir dos s\u00e9culos posteriores, esqu\u00e9cese o seu consumo na pen\u00ednsula, e practicamente no s\u00e9culo XVII apenas hai referencias do seu uso coti\u00e1n.<\/p>\n\n\n\n<p>A s\u00faa segunda fase de popularidade rem\u00f3ntase a mediados do s\u00e9culo XIX, cando se comeza a industrializar en toda Europa, e a comercializar como bebida popular. A pesar diso, introd\u00facese competindo, de inicio, con outras bebidas m\u00e1is arraigadas na sociedade espa\u00f1ola da \u00e9poca, como o vi\u00f1o ou os licores (xeralmente augardentes anisados).<\/p>\n\n\n\n<p>A facilidade para o cultivo da vide no clima mediterr\u00e1neo, unido \u00e1 posibilidade dunha mellor conservaci\u00f3n a temperaturas do clima da pen\u00ednsula, deixaran como consecuencia que a produci\u00f3n de cervexa fose algo anecd\u00f3tico.<\/p>\n\n\n\n<p>Anteriormente ao s\u00e9culo XIX, existiron iniciativas cervexeiras puntuais e illadas en diferentes puntos da xeograf\u00eda espa\u00f1ola, pero non ser\u00e1 ata mediados do s\u00e9culo XX, cando as melloras tecnol\u00f3xicas produtivas, en conxunci\u00f3n con outros fen\u00f3menos sociais (principalmente coa aparici\u00f3n do fen\u00f3meno do turismo), fan que se converta nunha bebida popular de uso frecuente, dispo\u00f1ible en moitos establecementos hostaleiros espa\u00f1ois.<\/p>\n\n\n\n<p>A cervexa non debe ser considerada como unha bebida monol\u00edtica dunha \u00fanica receita, sen\u00f3n que se trata dunha variedade de procesos e diversidade de variantes sobre os seus tres ingredientes principais: auga, cereal e l\u00fapulo. As sociedades con tradici\u00f3n cervexeira mostran unha ampla gama de procesos na elaboraci\u00f3n da cervexa, as\u00ed como unha variedade de tipos de cervexas (Alemania pos\u00fae m\u00e1is de cincocentas variedades de cervexa). A pesar diso, a cervexa en Espa\u00f1a, por ser introducida nunha \u00e9poca concreta, tende a ser maioritariamente de tipo Pilsen. Introduciuse nas contornas urbanas, sendo a s\u00faa popularidade inicial moi escasa nos medios rurais. \u00c9 precisamente esta evoluci\u00f3n na demanda de cervexa a que leva a Espa\u00f1a a ser o noveno produtor do mundo (oitavo de bebidas destiladas e terceiro de vi\u00f1o).<\/p>\n\n\n\n<p><strong>CERVEXA \u00c9 SAUDABLE A CERVEXA?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>\u201cNon me atrever\u00eda a dicir que \u00e9 saudable. Ten alcol, e o alcol nunca podemos dicir que \u00e9 saudable\u201d, matiza o catedr\u00e1tico de nutrici\u00f3n Aniceto Lu\u00eds Charro. \u201cPero tampouco me parece mal tomar unha cervexa\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>\u00c9 unha bebida cuxo porcentaxe de alcol \u00e9 baixo, o que pasa \u00e9 que os efectos negativos do alcol, que os hai e en maior medida, fan que non compense o seu consumo.<\/p>\n\n\n\n<p>Saudable non \u00e9 polo alcol, pero tomada con moderaci\u00f3n non sup\u00f3n riscos, \u00e9 dicir, que un m\u00e9dico non vai recomendar o consumo de cervexa, como non recomendan tampouco o de vi\u00f1o.<\/p>\n\n\n\n<p>Outra cousa \u00e9 que, \u201cen cantidades moderadas, tomar cervexa par\u00e9zame correcto, igual que non me parece nada problem\u00e1tico tomar unha copa de vi\u00f1o, sempre nun adulto san\u201d, matiza o doutor Charro.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>BENEFICIOS DA CERVEXA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Respecto aos beneficios concretos, \u201ceu non me atrever\u00eda a dar por sentado ning\u00fan\u201d, res\u00edstese este catedr\u00e1tico.<\/p>\n\n\n\n<p>&#8220;A\u00ednda que alg\u00fans autores a asocien a certos beneficios fronte algunhas enfermidades, hase de ter en conta que tam\u00e9n pos\u00fae os efectos non saudables do consumo do alcol&#8221;, apunta pola s\u00faa banda a doutora Sonia Ruiz, dietista- nutricionista.<\/p>\n\n\n\n<p>Ademais, &#8220;existen gran diversidade de cervexas no mercado, o que dificulta a obtenci\u00f3n de caracter\u00edsticas uniformes en canto \u00e1s s\u00faas propiedades nutricionais&#8221;, engade esta nutricionista.<\/p>\n\n\n\n<p>Existen varios estudos que avalan as bondades da cervexa. O subxectividade dos estudos est\u00e1 en que moitos est\u00e1n subvencionados polas propias marcas, directa ou indirectamente. Os que achegaron datos, avalados por organismos m\u00e1is independentes destacan:<\/p>\n\n\n\n<ol><li>Mellor sa\u00fade intestinal. Segundo doutora Ascensi\u00f3n Marcos, directora do Grupo de Inmunonutrici\u00f3n do Consello Superior de Investigaci\u00f3ns Cient\u00edficas, &#8220;hai evidencias cient\u00edficas sobre a influencia do consumo moderado de cervexa na flora bacteriana do noso intestino&#8221;. Esta flora, a microbiota, ten un papel b\u00e1sico na dixesti\u00f3n e asimilaci\u00f3n dos alimentos. O consumo moderado de bebidas fermentadas, como a cervexa, \u201cpoder\u00eda implicar unha maior diversidade bacteriana, o que est\u00e1 relacionado cun mellor metabolismo\u201d, engade.<\/li><li>A cervexa ten un alto contido dunhas substancias qu\u00edmicas, os polifenoles. Segundo un estudo do Instituto de Ciencias Cardiovasculares, estes polifenoles exercen un efecto antioxidante sobre o tecido das nosas arterias, mant\u00e9ndoas x\u00f3venes.<\/li><li>Pode axudar a reparar o coraz\u00f3n tras un infarto. En individuos maiores de 65 anos viuse que, o consumo moderado de bebidas fermentadas, \u201cpoder\u00eda estar relacionado cun menor risco cardiovascular\u201d, porque favorecen a formaci\u00f3n de tecido reparativo cicatrizante no coraz\u00f3n, despois dun infarto<\/li><\/ol>\n\n\n\n<p>O Dr. Ramon Estruch, da Facultade de Medicina de Barcelona, afirma que os beneficios se deben \u00e1 propia natureza da cervexa, que \u201c\u00e9 unha bebida fermentada, elaborada a partir de ingredientes naturais, que cont\u00e9n vitaminas e minerais, ademais de ser fonte de compostos bioactivos como os polifenoles. O consumo de alimentos ricos neste tipo de compostos, poder\u00eda axudar a diminu\u00edr enfermidades cardiovasculares, neurodexenerativas, ou diabetes&#8221;.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>CERVEXA CON, OU SEN ALCOL?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>A maior\u00eda destas propiedades d\u00e9bense ao proceso de fermentaci\u00f3n, e non ao grao de alcol que ten a cervexa.<\/p>\n\n\n\n<p>Cando os estudos se fixeron tam\u00e9n con cervexa sen alcol, como \u00e9 o caso da s\u00faa capacidade cicatrizante, comprobouse que os efectos positivos se manti\u00f1an.<\/p>\n\n\n\n<p>Por tanto, \u00e9 m\u00e1is conveniente que a cervexa sexa sen alcol. O que non quere dicir, que nos inchemos a cervexa. Moitos estudos tentan desmentir a relaci\u00f3n a capacidade de engordar da cervexa. Pero non est\u00e1 tan claro:<\/p>\n\n\n\n<ul><li>As bebidas con alcol, de seu, levan m\u00e1is calor\u00edas.<\/li><li>Alg\u00fans estudos apuntan a que tomar unha cervexa abre o apetito e fainos ter ansia por comer alimentos m\u00e1is graxos que lixeiros.<\/li><li>Parece que os fitoestr\u00f3xenos que cont\u00e9n, poder\u00edan ser os responsables da &#8220;barriga cervexeira&#8221;, xa que favorecen a acumulaci\u00f3n de graxa no cinto abdominal.<\/li><\/ul>\n\n\n\n<p>Ademais, hai outros estudos que falan de beneficios da cervexa sen alcol nas funci\u00f3ns cognitivas do cerebro (grazas a un composto, o xanthohumol) e nos s\u00edntomas da menopausa. De feito, a Sociedade Espa\u00f1ola de Xinecolox\u00eda e Obstetricia realizou un estudo no que conclu\u00edu que a cervexa, mellor sen alcol, pode ter efectos beneficiosos na sa\u00fade da muller durante, e tras a menopausia, debido \u00e1s s\u00faas propiedades estrox\u00e9nicas, antiinflamatorias e antioxidantes.<\/p>\n\n\n\n<p>&#8220;Admito que este tipo de cervexa \u00e9 unha alternativa m\u00e1is saudable, debido a que non cont\u00e9n alcol, a\u00ednda que a bebida por excelencia \u00e9 a auga&#8221;, remarca a nutricionista Sonia Ruiz.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>QUE \u00c9 CONSUMO MODERADO?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Os organismos p\u00fablicos de sa\u00fade internacionais estableceron que, o consumo de alcol tolerable (que non quere dicir bo nin san) \u00e9 de menos de 25 gramos ao d\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p>Iso sup\u00f3n, para un home adulto, unhas 3 ca\u00f1as en vaso pequeno, ou d\u00faas latas de 33cl nun d\u00eda (e por suposto, non todos os d\u00edas da semana, de forma habitual).<\/p>\n\n\n\n<p>No caso das mulleres, o l\u00edmite \u00e9 menor, porque te\u00f1en unha maior capacidade de absorci\u00f3n do alcol. Elas non poden pasar dos 12g, o que ser\u00edan 2 ca\u00f1as, ou unha lata de 33cl nun so d\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p>Neste sentido, o Dr. Estruch alerta de que, o que non se pode facer, \u00e9 manter un consumo cero durante a semana, de luns a venres, e &#8220;acumular&#8221; o que non se consumiu para a fin de semana. &#8220;Se se fai un consumo abusivo, a\u00ednda que sexa de forma localizada, durante a fin de semana, os beneficios das bebidas fermentadas desaparecer\u00edan&#8221;, asegura. Beber m\u00e1is cervexas da conta, a fin de semana, anula polo tanto, os seus &#8220;bos&#8221; efectos.<\/p>\n\n\n\n<p>Non te podes fiar de se che afecta \u00e1 cabeza ou non, sobre todo se levas anos consumindo, porque o noso cerebro habit\u00faase ao alcol.<\/p>\n\n\n\n<p>Pola contra, o p\u00e1ncreas e o f\u00edgado poden verse castigados por esas doses de alcol dun modo acumulativo.<\/p>\n\n\n\n<p>En todo caso, o consumo sempre se aconsella coas comidas, non en xax\u00fan, como aperitivo, ou refresco. O motivo \u00e9 que os alimentos retardan a absorci\u00f3n do alcohol<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large is-resized\"><img loading=\"lazy\" src=\"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/wp-content\/uploads\/2020\/11\/LOLA-CERVEZA-2-768x1024.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-2435\" width=\"226\" height=\"301\" srcset=\"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/wp-content\/uploads\/2020\/11\/LOLA-CERVEZA-2-768x1024.jpeg 768w, https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/wp-content\/uploads\/2020\/11\/LOLA-CERVEZA-2-225x300.jpeg 225w, https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/wp-content\/uploads\/2020\/11\/LOLA-CERVEZA-2-1152x1536.jpeg 1152w, https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/wp-content\/uploads\/2020\/11\/LOLA-CERVEZA-2.jpeg 1200w\" sizes=\"(max-width: 226px) 100vw, 226px\" \/><\/figure>\n ","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O d\u00eda internacional da cervexa \u00e9 unha celebraci\u00f3n de car\u00e1cter mundial, que se realiza anualmente, o primeiro venres de agosto. En 2007, prop\u00faxose o 5 de agosto como data para <a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/?p=2433\">Continue Reading &rarr;<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[44],"tags":[],"post_mailing_queue_ids":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2433"}],"collection":[{"href":"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=2433"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2433\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2444,"href":"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2433\/revisions\/2444"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=2433"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=2433"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=2433"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}