{"id":1812,"date":"2020-05-29T05:10:00","date_gmt":"2020-05-29T03:10:00","guid":{"rendered":"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/?p=1812"},"modified":"2020-05-28T10:17:30","modified_gmt":"2020-05-28T08:17:30","slug":"bingo-da-cuarentena-dende-o-centro-de-dia-de-carballo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/?p=1812","title":{"rendered":"BINGO DA CUARENTENA DENDE O CENTRO DE D\u00cdA DE CARBALLO"},"content":{"rendered":"\n<p>Dende o Centro de D\u00eda de Carballo, trasladamos \u00e1s familias e persoas usuarias, un bingo en relaci\u00f3n \u00e1 corentena. Tr\u00e1tase de potenciar a atenci\u00f3n centrada na persoa, a trav\u00e9s dunha actividade significativa e de interese como o bingo, para os nosos maiores. Boa proba disto, \u00e9 t\u00f3dolos que elaboramos no Centro previamente e de autor\u00eda propia: de flores, de froitas, de medios de transporte, de lugares, deles mesmos,&#8230;e o noso tan valorado bingo de cartas da baralla, tan vers\u00e1til en canto \u00f3 contexto. Por todo isto, creamos un acorde \u00f3s tempos actuais, de forma que facilite a orientaci\u00f3n pero dun xeito tranquilizador e que implique aos n\u00facleos de convivencia, participando dende adultos a cativos, favorecendo o lecer en familia, sen caer no tan temido infantilismo. Oxal\u00e1 sexa do voso desfrute!<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Material que precisamos:<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>-Un cart\u00f3n (de papel, cartolina,\u2026) composto por seis imaxes por cada participante (cada folla do documento estar\u00e1 composta por dous cart\u00f3ns, polo que una vez recortado servir\u00e1 para d\u00faas persoas).<\/p>\n\n\n\n<p>-Folios en branco ou papel de refugallo, que cortaremos en cadrados de tama\u00f1o similar a cada imaxe para ir tap\u00e1ndoa segundo vaian sa\u00edndo imaxes iguais \u00e1s do cart\u00f3n de cadaqu\u00e9n. Cada participante precisar\u00e1 seis papeis.<\/p>\n\n\n\n<p>&#8211; Unha bolsa ou recipiente baleiro para introducir as diferentes fotograf\u00edas de cada imaxe; un\/unha \u201cpresentador\/a\u201d ir\u00e1 sacando de unha en unha.<\/p>\n\n\n\n<p>&#8211; E moi importante, non olvidarnos das tesoiras e dun sobre ou caixa para gardar todo o material e poder volvelo a empregar cando queiramos!<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Como xogar:<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Poden participar tantas persoas como cart\u00f3ns te\u00f1amos, cada un deles estar\u00e1 composto por seis imaxes relacionadas coa situaci\u00f3n pola que estamos a vivir; unhas son s\u00edmbolos de actitudes (valent\u00eda, esperanza, solidariedade\u2026.), outras, son de elementos de seguridade (luvas, xel hidroalcoh\u00f3lico, term\u00f3metro\u2026) e, outras, de palabras con simbolismo en relaci\u00f3n coa corentena ou confinamento (manta, arco da vella, bico\u2026). Por outra banda, unha persoa (presentador\/a) ser\u00e1 a encargada de introducir na bolsa ou recipiente as imaxes, que ir\u00e1 sacando de unha en unha ou tam\u00e9n se pode elixir unha \u201cman inocente\u201d para quitalas (en funci\u00f3n das caracter\u00edsticas e inclusi\u00f3n das persoas participantes). Ao mesmo tempo, cada xogador\/a ter\u00e1 seis papeis en branco (recortados previamente) para ir tapando cada imaxe segundo o vaia indicando a persoa encargada de levar a \u201cvoz cantante\u201d. A persoa ga\u00f1adora ser\u00e1 aquela que primeiro consiga tapar todas as imaxes do seu cart\u00f3n e cantar\u00e1 BIIINNNGGGOOO!<\/p>\n\n\n\n<p>P\u00f3dense realizar tantas partidas como se queira; barallar\u00edanse os cart\u00f3ns, con unha nova repartici\u00f3n e a Xogaarr!!!<\/p>\n\n\n\n<p>Para acceder as fichas de bingo <a href=\"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/BINGO-CORENTENA-CARBALLO.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">PREME AQU\u00cd<\/a><\/p>\n ","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Dende o Centro de D\u00eda de Carballo, trasladamos \u00e1s familias e persoas usuarias, un bingo en relaci\u00f3n \u00e1 corentena. Tr\u00e1tase de potenciar a atenci\u00f3n centrada na persoa, a trav\u00e9s dunha <a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/?p=1812\">Continue Reading &rarr;<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[22],"tags":[],"post_mailing_queue_ids":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1812"}],"collection":[{"href":"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=1812"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1812\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1816,"href":"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1812\/revisions\/1816"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=1812"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=1812"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=1812"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}